abrasín
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /abɾaˈsiŋ/ (AFI)
abrasín (sg: abrasín; pl: abrasíns)
- (Botánica) Árbore caducifolia da familia das euforbiáceas, Aleurites fordii Heimsl. = Vernicia fordii (Heimsl.) Airy Shaw, con follas grandes, cordiformes, ás veces lobadas, flores unisexuais reunidas en inflorescencias e froito parecido á mazá. Orixinaria da China, foi introducida en América, África e na CEI. Das súas sementes extráese un aceite secante de excelente calidade, usado na fabricación de vernices e pinturas coñecido como aceite de tung ou aceite de aleurites.
- Sinónimos: tung.