abacá

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     abaca ,    abacà

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «abacá».
  • Pronuncia: [a.βaˈka] (AFI)

Substantivo masculino

abacá (sg: abacá; pl: abacás)

  1. (Botánica) Planta monocotiledónea da familia das musáceas, Musa textilis, especie de bananeira orixinaria de Filipinas (onde se cultiva extensamente) e introducida nas Indias Orientais e na América tropical. Os seus froitos son moi semellantes aos plátanos ou bananas, pero de menor tamaño e non comestíbeis. Das vaíñas foliares obtense unha fibra téxtil empregada para facer cordas, esteiras, capachos, tecidos, etc.
    • Exemplo: Unha plantación de abacás.

  2. Fibra desta planta, preparada para a industria.
    • Exemplo: Ao porto chegou un mercante cun cargamento de abacá.

  3. Tecido feito con esta fibra.
    • Exemplo: Na casa da praia teño unha esteira de abacá.

Sinónimos

Traducións

Véxase tamén

Castelán

  • Pronuncia: [a.βa.ˈka] (AFI)

Substantivo masculino

abacá (sg: abacá; pl: abacás)

  1. (Botánica) Abacá.

Referencias

Boullón Agrelo, Ana Isabel; Monteagudo Romero, Henrique; García Cancela, Xermán (1988). Diccionario normativo galego-castelán. p. 1. Editorial Galaxia. ISBN 9788471546418.

Portugués

  • Pronuncia: /a.ba'ka/ (Brasil) (AFI)

Substantivo masculino

abacá (sg: abacá; pl: abacás)

  1. (Botánica) Abacá.

Sinónimos