Saltar ao contido

Usuario:Sobreira/banco

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo masculino


singular plural
banco bancos


Definición

  • Asento, normalmente de uso público, para varias persoas.
  • Exemplo: Os bancos do parque están medio podres.

Definición

  • Establecemento de carácter financeiro dedicado a garda-los cartos dos seus clientes, conceder créditos, financiar investimentos, etc.
  • Exemplo: Traballaba de director do banco do lugar.

Definición

  • Elevación do fondo mariño ou fluvial producida por depósito de areas ou outros sedimentos, polo que se reduce a profundidade nese punto.
  • Exemplo: O petroleiro encallou no banco porque non coñecía ben estas costas.

Definición

  • (Colectivo) Conxunto de peixes dunha mesma especie -normalmente- que nadan xuntos, agrupados como en formación. Pode estar formado por milleiros de exemplares.
  • Exemplo: Este banco de atúns ben dá para enche-lo barco.

Definición

  • En carpintería, mesa de traballo.
  • Exemplo: Traeme acá o cepillo, que está no banco.