Saltar ao contido

manda

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈmanda/ (AFI)

Substantivo

manda1 f (sg: manda; pl: mandas)

  1. Legado de bens que se fai nun testamento.
  2. Mellora ou legado de bens que se lle fai á filla ou fillo que queda na casa.

Substantivo

manda2 f (sg: manda; pl: mandas)

  1. (Colectivo) Conxunto de peixes no mar.
  2. Cousas que caben nunha soa man.
  3. Conxunto de gado ao coidado dun pastor.

Sinónimos