aparello: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado: en:aparello, mg:aparello, uz:aparello |
m Bot: Engado: ca:aparello |
||
Liña 22: | Liña 22: | ||
{{T|es}} {{t|es|aparejo}}. |
{{T|es}} {{t|es|aparejo}}. |
||
[[ca:aparello]] |
|||
[[en:aparello]] |
[[en:aparello]] |
||
[[mg:aparello]] |
[[mg:aparello]] |
Revisión como estaba o 30 de marzo de 2017 ás 16:23
Galego
- Etimoloxía: de aparellar, e este do latín appariculare, de apparare (preparar, dispoñer).
- Pronuncia: /apaˈɾeʎo/ (AFI)
Substantivo masculino
aparello (sg: aparello; pl: aparellos)
- Utensilio para un determinado labor.
- (Arquitectura) Disposición construtiva e trabazón dadas aos materiais empregados en muros.
- (Mariña) Conxunto de mástiles, velas e cabos dunha embarcación a vela.
- (Pesca) Conxunto de útiles para poder practicar a pesca.
- (Tecnoloxía) Máquina composta por dúas poleas e unha corda.
Observacións
Aínda que algúns autores empregan os termos aparato e aparello como sinónimos, en galego, como noutros idiomas romances, cumpriría facer a distinción entre aparello, no sentido de dispositivo, mecanismo, etc., e aparato, co significado de pompa, boato, ostentación, etc. Así falaremos de aparello dixestivo ou de aparello de Golgi. Cf. portugués aparato/aparelho; catalán aparat/aparell, francés apparat/appareil.