simetría

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «simetría».
O Home de Vitruvio, de Leonardo da Vinci (ca. 1487), é unha representación moi citada da simetría do corpo humano e, por extensión, do mundo.
  • Pronuncia: si.mɛ.'tri.a̯ (AFI)

Substantivo feminino

simetría (sg: simetría; pl: simetrías)

  1. O termo simetría ten dous significados: o primeiro fai referencia a un concepto impreciso de harmonía ou estética que resulta agradábel e pracenteiro aos sentidos; o segundo é máis preciso e está relacionado concertas propiedades xeométricas que denotan patróns de similitude ou de repetición que posúen algúns corpos: a distribución regular das partes dunha cousa ou de obxectos semellantes a unha e á outra banda dun eixe, arredor dun centro, etc.
    • Exemplo: A simetría das torres da fachada dunha catedral.

  2. (Bioloxía) Correspondencia entre órganos pares no corpo dunha planta ou dun animal respecto a un plano.
    • Exemplo: Un animal con simetría bilateral.

Antónimos

asimetría, disimetría

Termos relacionados