real Expedición Filantrópica da Vacina

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Navegacións da Real Expedición Filantrópica da Vacina (1803-1814), dirixida por Balmis, e que partiu do porto da Coruña
  1. (Mariña) e (Medicina) A Real Expedición Filantrópica da Vacina, coñecida como expedición Balmis, dirixida a principios do século XIX polo médico Francisco Javier Balmis, que levou a vacina contra a varíola, recentemente descuberta polo inglés Edward Jenner en 1796, ás colonias da América española e do Pacífico, chegando até Macao, na China, e na que os portadores desta foron un grupo de nenos do hospicio da Coruña ao coidado de Isabel Zendal, considerada a primeira enfermeira galega