Isabel Zendal

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Isabel Zendal».
Monumento en O Parrote, no porto da Coruña, que reprensenta a Isabel Zendal acollendo dous nenos.
Obra de Acisclo Manzano
  1. Isabel Zendal Gómez, nada no lugar da A Agrela da parroquia de Parada, no actual concello de Ordes, o 26 de febreiro de 1773 e finada en Puebla de los Ángeles, Vicerreinado de Nova España en data descoñecida, foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina dirixida polo doutor alacantino Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, con idades de entre tres e nove anos que foron desde A Coruña ao actual México, e dos 26 que foron desde Acapulco a Filipinas, durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de América e do Pacífico. En 1950 foi considerada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como a primeira enfermeira da historia en misión internacional e, en Galicia, a primeira enfermeira galega.

Véxase tamén