porco celta

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «porco celta».
Exemplar de porco celta na Feira de Silleda
  • Pronuncia: /ˈpɔɾko̝ ˈθɛlta̝/ (AFI)

Locución substantiva masculina

porco celta

  1. (Gandaría) Variedade de raza porcina que até comezos do século XX era a maioritaria en Galicia. Son animais grandes, que tardan en medrar, con cabeza grande e orellas longas. Pode ser de cor totalmente rosada, con manchas grises, ou todo negro. A súa gran rusticidade permítelle adaptarse perfectamente aos bosques autóctonos galegos, onde pasta e aproveita recursos naturais estacionais como castañas e landras.
    • Exemplo: Este ano comezarei a criar porcos celtas.

    • Observacións: Despois de estar a piques de desaparecer durante os anos oitenta, desde 1999 está a rexurdir a cabana noutrora maioritaria en Galicia, despois de ser desprazada por novas razas que ofrecían un maior crecemento.

Traducións