castaña
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
[editar]
Substantivo feminino
[editar] Definicións
- Froito do castiñeiro con casca de cor marrón, de bo sabor e moi nutritiva.
[editar] Etimoloxía
- la: castanĕa
[editar] Sinónimos
[editar] Expresións
- Dar a castaña: enganar.
- Sacar as castañas do lume a alguén: Axudar nun apuro.
[editar] Nomes de castañas
- Castaña de San Martiño: Castaña serodia.
- Croca: Castaña que non medrou totalmente.
- Degara, degaro, degoro, destelo, degraña, restelo, restrelo, baguto: Castaña madura que cae espontáneamente do ourizo.
- Maia, maiola, croca: Castaña pelada e curada ao fume para conservala.
- Bolerca, boleca, beleca, bullerca, maniña: Castaña sen froito.
- Bullote, bulló: Castaña asada. Castaña aínda non madura.
- Bulló: Ourizo cunha soa castaña.
- Burgazo, burgó: Castañas cocidas con leite.
[editar]
Traducións
- portugués: castanha
- castelán: castaña
- italiano: castagna
- francés: châtaigne
- alemán: Esskastanie
- inglés: chestnut
- Esloveno: kostanj (sl)
[editar] Véxase tamén
- Apéndice de Árbores
- Na wikipedia castaña

