dinámica

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «dinámica».
  • Pronuncia: /d̪i.ˈna.mi.ka/ (AFI)

Substantivo feminino

dinámica (sg: dinámica; pl: dinámicas)

  1. (Física) Parte da mecánica que estuda o movemento dos corpos en relación coas forzas que o producen.
    • Exemplo: Comprei un tratado de dinámica

      .
  2. Por extensión, sucesión de feitos, acontecementos, etc. que, segundo unhas determinadas circunstancias, motivos ou principios encadeados entre si, conforman un proceso, acción, etc.
    • Exemplo: Se analizamos a dinámica do conflito, podemos afirmar que vai ter unha rápida solución.