feito

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Open book 01.png Substantivo masculino

feito (sg: feito; pl: feitos)

  1. Acción ou efecto de facer ou causar algo.
    • Exemplo: Acusárono os seus propios feitos.
  2. O que aconteceu.
    • Exemplo: O policía preguntou polo desenvolvemento dos feitos.


Open book 01.png Adxectivo

feito (ms: feito; mpl: feitos; fs: feita; fpl: feitas)

  1. Que é agradable á vista.
    • Exemplo: Esa moza éche moi feita.

Termos relacionados

  • a feito: Sen interromper ata que se remata; sen escoller.
  • de feito: En realidade.
  • dito e feito: Sen intervalo entre o momento en que se anuncia algo e o momento en que se realiza.