circunstancia

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Open book 01.png Substantivo feminino

circunstancia (sg: circunstancia; pl: circunstancias)

  1. Cousa interna ou externa a un suceso, situación ou feito, que pode influír na maneira de se resolver algo.
    • Exemplo: Choveu, circunstancia pola que non puiden chegar a tempo.
  2. Estado de cousas nun determinado momento.
    • Exemplo: Naquelas circunstancias era lóxica a protesta dos obreiros.

Observacións

  • É habitual usalo en plural.

Termos relacionados