químico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

químico -a adx.

  1. Da química ou relativo a ela. A fórmula química dun composto. Laboratorio de productos químicos.
  2. Persoa que se dedica á química, que realiza estudios ou traballos de química. Os químicos están analizando a substancia para saber se é perigosa.
  3. s.f. Ciencia que estudia a constitución, transformación e combinación de substancias. Déronlle o Nobel pola súa contribución ó progreso da química.
s Química inorgánica. A que estudia os corpos que non teñen carbono entre os seus compoñentes.
Química orgánica. A que estudia os compostos de carbono, elemento contido nos seres vivos.