Salix

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Nome científico

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Salix».
Salgueiro chorón (Salix babylonica)
  • Pronuncia: /ˈsa.liks/ (AFI)

Substantivo

Salix

  1. (Botánica) Salix é un xénero de plantas fanerógamas, o tipo da familia das salicáceas, que comprende unhas 400 especies de árbores e arbustos de follas caducas que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral (ao que alude o seu nome). Moitas das súas especies coñécense en galego como salgueiros, pero tamén se inclúen outras como os vimieiros. Dalgunhas especies do xénero Salix obtense o ácido acetilsalicílico, a popular aspirina.

Observacións

O nome aspirina é unha marca rexistrada.