febreiro
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Etimoloxía: do latín februare, "purificar, limpar", porque era orixinalmente o derradeiro mes do calendario romano; de feber, relacionado co galego febre.
Substantivo masculino
| singular | plural |
| febreiro | febreiros |
- Definición: (Tempo) Segundo mes do ano no calendario gregoriano e o calendario xuliano, que ten 28 días, ou 29 se o ano é bisesto.
Exemplos e citas: En febreiro, sete capas e un sombreiro
Traducións
mes do ano