Francisco Xavier Balmis
Galego
.
Francisco Xavier de Balmis y Berenguer, nacido en Alacant o 2 de decembro de 1753 e morto en Madrid o 12 de febreiro de 1819, foi un médico militar español e cirurxián honorario da corte de Carlos IV. O seu nome quedou vinculado á Real Expedición Filantrópica da Vacina (coñecida como Expedición Balmis na súa honra) que levou ás colonias españolas de América, e do Pacífico (Filipinas e as illas Marianas) a vacina da varíola, chegando até a China, o que foi un feito de grande importancia na historia da Medicina.