vergonza
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués vergonça, do latín verēcundia.
- Pronuncia: [beɾˈɣon.θɐ] (AFI)
vergonza (sg: vergonza; pl: vergonzas)
- Sentimento de turbación causado por sentir culpa, humillación ou deshonra.
- Escaseza de ánimo, timidez ou complexo de inferioridade para levar algo a cabo.
- Estimación na que se ten a honra ou o prestixio propios.
- Acto deshonroso ou escandaloso, que afecta gravemente á honra ou indigna.
- Cousa ou persoa que lle causa pena, humillación ou deshonra a alguén.
Variantes
Sinónimos
- lacha (coloquial)
Termos relacionados
- avergonzar
- desvergonza
- desvergonzadamente
- desvergonzado
- desvergonzamento
- desvergonzar
- vergonzante
- vergonzoso
Traducións
- Ver vergoña.