Saltar ao contido

toureiro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /tow.'rej.ro/ (AFI)

Substantivo

toureiro (ms: toureiro; mpl: toureiros; fs: toureira; fpl: toureiras)

  1. Persoa cuxa profesión é lidar touros.
    • Exemplo: Hoxe presentouse unha nova toureira na praza.

Adxectivo

toureiro (ms: toureiro; mpl: toureiros; fs: toureira; fpl: toureiras)

  1. Relativo ou pertencente ao touro.
    • Exemplo: A monteira e o capote forman parte da indumentaria toureira.

  2. Relativo ou pertencente ao toureo.
    • Exemplo: Ao desfilaren as cuadrillas a banda de música tocou un pasodobre toureiro.

Observacións

Termos relacionados

toureira