Saltar ao contido

substancial

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /subs.taŋ.'θjal/ ou /subs.taŋ.'sjal/ (AFI)

Adxectivo

substancial (sg: substancial; pl: substanciais)

  1. Pertencente ou relativo á substancia.
    • Exemplo: Esta definición é substancial, non accidental. A nova lei produciu cambios substanciais nas relacións laborais.

  2. Que constitúe a substancia ou a esencia, que é o máis importante e fundamental de algo.
    • Exemplo: Temos as nosas diferenzas, pero no substancial estamos de acordo. A xustiza foi a idea substancial de todo o seu pensamento.

Termos relacionados

substancia, substancialidade