rancho

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

rancho1

  • Pronuncia: [ˈran.t͡ʃʊ] (AFI)

Substantivo masculino

rancho (sg: rancho; pl: ranchos)

Porca e bacoriño
  1. (Gandaría) Porco pequeno que aínda mama ou que hai pouco que deixou de facelo.
    • Exemplo: No mes de Santos sacha a horta e capa o rancho.

Sinónimos

Traducións

rancho2

  • Pronuncia: [ˈran.t͡ʃʊ] (AFI)

Substantivo masculino

rancho (sg: rancho; pl: ranchos)

  1. (Alimentación) Comida simple que se fai como prato único para un grupo grande de xente.
  2. (Mariña) Espazo dunha embarcación destinado a aloxar a tripulación.
  3. (Gandaría) Facenda rural destinada á cría de gando e cultivo, propia dalgúns países de América Latina e do oeste dos Estados Unidos.