Saltar ao contido

porco espiño

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «porco espiño».
porco espiño
  • Pronuncia: [ˌpɔɾ.kʊ̯es̺ˈpi.ɲʊ] (AFI)

Locución substantiva masculina

porco espiño (sg: porco espiño; pl: porcos espiños)

  1. (Zooloxía) Nome común que se aplica de forma xenérica a varias especies de mamíferos roedores da suborde dos histricomorfos. O termo provén das características pugas que cobren a súa pel e non ten ningún significado taxonómico, xa que inclúe xéneros pertencentes a dúas familias distintas, Erethizontidae e Hystricidae, que non están especialmente relacionadas. Malia o seu nome común, non teñen ningún parentesco cos porcos (orde Artiodactyla).
  2. (Zooloxía) Mamífero insectívoro que abunda nos montes galegos, así como en prados onde haxa arbustos, sebes e valados onde agocharse. A súa característica máis rechamante son as pugas ou puntas coas que está revestido. Pode chegar a pesar 1 kg.

Traducións