Saltar ao contido

pneumático

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «pneumático».
Estrutura dun pneumático de automóbil sen cámara: 1. cinto de aceiro en dirección lonxitudinal, 2. estrutura radial, 3. arame,
4. lamia, 5. banda de rodamento, 6. parede lateral e 7. talón (cella).
  • Pronuncia: /pneu̯.ˈma.t̪i.ko/ (AFI)

Adxectivo

pneumático (ms: pneumático; mpl: pneumáticos; fs: pneumática; fpl: pneumáticas)

  1. (Tecnoloxía) Máquina, instrumento, etc. que funciona con aire ou outro gas a presión ou que opera grazas a el.
    • Exemplo: Martelo pneumático. Baleiraron o aire do recipiente cunha máquina pneumática. Os grandes barcos teñen balsas pneumáticas

      .

Substantivo masculino

pneumático (sg: pneumático; pl: pneumáticos)

  1. (Tecnoloxía) Peza de caucho que se coloca nas rodas de diversos vehículos (automóbiles, motos, bicicletas, etc.) ou máquinas, cuxa función principal é permitir un contacto axeitado por adherencia e fricción co piso, posibilitando o arranque, o freado e a guía. Xeralmente teñen fíos que os reforzan e, dependendo da orientación destes fíos, clasifícanse en diagonais e radiais.
    • Exemplo: Os pneumáticos de tipo radial son o estándar para case todos os automóbiles modernos.