Saltar ao contido

peto de ánimas

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «peto de ánimas».
Peto de ánimas en Petelos (Mos, Pontevedra)
  • Etimoloxía: de peto máis ánimas (almas)

Locución substantiva masculina

peto de ánimas (sg: peto de ánimas; pl: petos de ánimas)

  1. (Relixión) Pequena construción en pedra, cunha representación do purgatorio, para recadar oracións ou esmolas, na crenza de rescatar almas do purgatorio.
    • Exemplo: Un camión esnaquizou o peto de ánimas da parroquia.