peregrino

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «peregrino».
  • Pronuncia: /peɾeˈɣɾino̝/ (AFI)

Substantivo masculino

peregrino (sg: peregrino; pl: peregrinos)

Dous peregrinos no Camiño Francés
  1. (Relixión) Persoa que fai unha peregrinación, unha viaxe cara un lugar de especial significado relixioso (Santiago, Roma, Fátima, etc).
    • Exemplo: Os peregrinos adoitan levar unha cuncha de vieira colgando da mochila.

    • Sinónimos: romeiro.

Termos relacionados:

Adxectivo

peregrino (ms: peregrino; mpl: peregrinos; fs: peregrina; fpl: peregrinas)

  1. Estraño, raro, inhabitual.
    • Exemplo: No seu programa deu cabida ás ideas máis peregrinas.

Traducións