Saltar ao contido

peite

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «peite».
  • Pronuncia: [ˈpej.t̪ɪ] (AFI)

Substantivo masculino

peite f (sg: peite; pl: peites)

  1. Utensilio plano con púas que serve para arranxar, desenredar e limpar o cabelo ou outras fibras.
    • Exemplo: Díxolle o peite ó tiñoso: tírate alá, piolloso.

  2. Calquera cousa parecida a este utensilio pola súa forma ou uso.
  3. Parte dunha arma automática onde se colocan as balas.
  4. Parte dun tear que serve para separar os fíos.

Traducións