pasador

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «pasador».
  • Pronuncia: /pasaˈðoɾ/ (AFI)

Substantivo masculino

pasador (sg: pasador; pl: pasadores)

  1. Barra de ferro (antigamente, de madeira) que se emprega para pechar unha porta.
    • Exemplo: Naquela feira de antigüidades mercou un pasador de ferro labrado.

    • Sinónimos: ferrollo.
  2. (Arquitectura) Pedra que se dispón transversalmente no muro e asoma ás dúas caras.
    • Exemplo: Nunha parede de cachotaría, os pasadores buscan darlle firmeza.

    • Sinónimos: tizón.

Traducións