pan eucarístico
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: composto de pan e eucarístico.
pan eucarístico (sg: pan eucarístico; pl: pans eucarísticos)
- (Relixión) Pan ácimo de fariña de trigo con forma circular que se ofrece na eucaristía cristiá como ofrenda ou sacrificio incruento, onde se dá un fenómeno de transubstanciación, de converterse este pan no corpo de Cristo. Ten orixe na matzá xudía, que no xudaísmo se consome na Pessach, ou Pascua xudía.
- Sinónimos: hostia, pan, pan dos anxos.