Saltar ao contido

nutrición

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «nutrición».
  • Pronuncia: /nutɾiˈθjoŋ/ (AFI)

Substantivo feminino

nutrición (sg: nutrición; pl: nutricións)

  1. (Alimentación) Proceso biolóxico a través do cal os organismos asimilan alimentos ou nutrientes para a realización das as súas funcións e actividades vitais, tales como o crecemento, movemento, reprodución, etc. Existen dous tipos de nutrición, a nutrición autótrofa cando os seres son capaces de sintetizar substancias esenciais para o seu metabolismo a partir de substancias inorgánicas e a nutrición heterótrofa cando os seres se alimentan coas substancias orgánicas sintetizadas por outros organismos, ben autótrofos ou heterótrofos. Entre os organismos heterótrofos están as bacterias e os animais.
  2. (Medicina) No dominio da saúde e medicina (e tamén veterinaria), a nutrición é o estudo das relacións entre os alimentos inxeridos e a doenza ou o benestar do home ou dos animais.

Termos relacionados

Traducións


Castelán

Substantivo feminino

nutrición (sg: nutrición; pl: nutriciones)

  1. Nutrición.