neurohipófise
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /neu.ɾo.i.'po.fi.se̯/ (AFI)
neurohipófise
(sg: neurohipófise; pl: neurohipófises)
- (Anatomía) Lóbulo posterior da hipófise, que forma parte do sistema endócrino e que, a pesar do seu nome, non é unha verdadeira glándula per se, senón que, máis ben, está formada en gran parte por un conxunto de proxeccións axónicas procedentes do hipotálamo que terminan alí; almacena e segrega hormonas, pero estas sintetizáronse no hipotálamo.