Saltar ao contido

néctar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «néctar».
  • Pronuncia: /'nɛk.taɾ/ (AFI)

Substantivo masculino

néctar (sg: néctar; pl: néctares)

  1. Zume azucrado, producido nos nectarios das plantas, que chuchan as abellas e outros insectos.
    • Exemplo: As abellas chuchan o néctar para faceren o mel.

  2. Bebida suave e gustosa.
    • Exemplo: Convidado naquela casa grade, sabía que nunca volvería saborear aqueles néctares da súa adega.

  3. (Mitoloxía) Bebida moi suave destinada unicamente para o uso e goce dos deuses da antiga Grecia.
    • Exemplo: Os deuses do Olimpo bebían o néctar, que lles daba a inmortalidade.