mulido
Aparencia
Galego
singular | plural |
mulido | mulidos |
- (Carro) Peza do xugo de mulida ou castelán, a modo de almofadas colocadas entre o propio xugo e a caluga do boi ou vaca, cuxo obxectivo é reducir o rozamento da madeira sobre a pel.
- Sinónimos: molida, mulida.
- Observacións: Fanse de pel de can, ovella, xabaril, porco, lobo ou raposo, e van cheas de palla ou pelo. A pel prolóngase e dá a volta sobre o xugo (as cubertas ou cuberteiras), para protexer do sol e a chuvia as correas que atan os cornos ó xugo, e rematan nuns flocos que caen sobre os ollos da xugada (as milfeiras).
- Peza de trapo, palla ou herba seca que se pon na cabeza para levar unha carga.
- Trapo para limpar.