Saltar ao contido

mulida

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo feminino


singular plural
mulida mulidas
  1. (Carro) Peza do xugo de mulida ou castelán, a modo de almofadas colocadas entre o propio xugo e a caluga do boi ou vaca, cuxo obxectivo é reducir o rozamento da madeira sobre a pel.
    • Sinónimos: molida, mulido.
    • Observacións: Fanse de pel de can, ovella, xabaril, porco, lobo ou raposo, e van cheas de palla ou pelo. A pel prolóngase e dá a volta sobre o xugo (as cubertas ou cuberteiras), para protexer do sol e a chuvia as correas que atan os cornos ó xugo, e rematan nuns flocos que caen sobre os ollos da xugada (as milfeiras).
    • Exemplo: O cazador despechoulle un tiro e matouno. Despois quitoulle a pelica pra facer unhas coberteiras pra as mulidas.

  2. Peza de trapo, palla ou herba seca que se pon na cabeza para levar unha carga.

Termos relacionados