mortal
Saltar á navegación
Saltar á procura
Galego
Pronuncia: /moɾ.'tal/ (AFI)
Adxectivo
mortal (sg: mortal; pl: mortais)
- Que está suxeito á morte.
- Exemplo: Todos os seres vivos son mortais.
- Que causa a morte, ou que pode conducir a ela.
- Exemplo: Un veleno mortal. Recibiu un golpe mortal. Tivo lugar entre eles unha loita mortal.
- (Figurado) Que se manifesta con moita intensidade.
- Exemplo: Teño unha dor mortal. Hoxe vai un frío mortal.
Substantivo masculino
Observacións
- Na 1ª acepción seu antónimo é inmortal.
- Na 2ª acepción seus sinónimos son deleterio, letal e mortífero.