mixteco
Aparencia
Galego
mixteco (ms: mixteco; mpl: mixtecos; fs: mixteca; fpl: mixtecas)
- Relativo ou pertencente ao pobo amerindio que habita en México, na rexión coñecida como La Mixteca, en Oaxaca e Puebla así como na rexión montañosa de Guerrero. A súa cultura acadou un apoxeo entre os séculos XI e XII d. C., sendo conquistados polos aztecas pouco antes da chegada dos españois
Traducións
mixteco (ms: mixteco; mpl: mixtecos; fs: mixteca; fpl: mixtecas)
- Individuo deste pobo.
- (Linguas do mundo) Lingua ou conxunto de linguas da familia otomangueana que falan nesta rexión. É unha lingua tonal que se escribe con caracteres latinos, aínda que antes da conquista xa escribían códices cun sistema de escritura propio. Está estreitamente relacionado co trique e o cuicateco.