Saltar ao contido

miniatura

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

O apóstolo Santiago, nunha miniatura do Códice Calixtino
  • Pronuncia: /minjaˈtuɾa̝/ (AFI)

Substantivo feminino

miniatura (sg: miniatura; pl: miniaturas)

  1. (Arte) Debuxo ou pintura (de pequeno tamaño) cos que se ilustraban os textos na Idade Media (manuscritos, códices, breviarios, etc), representando escenas relixiosas ou sociais.
    • Exemplo: As miniaturas do Beato de Liébana son de difícil interpretación.

    • Termos relacionados: manuscrito
  2. (Arte) Obxecto artístico de pequenas dimensións
  3. (Por extensión) Calquera obxecto de pequenas dimensións, mesmo plantas ou animais.
    • Exemplo: Os bonsais son árbores en miniatura tradicionais do Xapón.

    • Exemplo: Regaloulle á filla un Schnauzer miniatura. Parece de xoguete.

Traducións

Italiano

Substantivo feminino

miniatura (sg: miniatura; pl: miniature)

  1. Miniatura.