metamorfismo rexional
Aparencia
(Redirixido dende metamorfismo dinamotérmico)
Galego
- Etimoloxía: de metamorfismo e rexional.
metamorfismo rexional (ms: metamorfismo rexional; mp: metamorfismos rexionais)
- (Xeoloxía) Metamorfismo así chamado porque as rochas afectadas ocupan grandes áreas, e teñen a súa orixe nas zonas oroxénicas, intervindo como axentes temperaturas e presións elevadas (de aí o seu sinónimo), e tamén participan presións tectónicas que, ao seren dirixidas, xeran nas rochas unha xistosidade característica.
- Exemplo: Nas marxes activas das placas litosféricas, os sedimentos son enterrados cada vez a maior profundidade polo que, progresivamente, sofren o metamorfismo rexional, que se vai intensificando a medida que aumenta a profundidade.