marusía
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /maɾuˈsia̝/ (AFI)
marusía (sg: marusía; pl: marusías)
- (Mariña, meteoroloxía) Mar moi axitado que converte en perigosa a navegación.
- (Mariña) Estado do mar de grao 3, segundo a escala Douglas no que se forman ondas longas con cristas de escuma branca ben caracterizadas. O mar de vento é ben definido e distínguese facilmente do mar de fondo que puidera existir. Ao romper, as ondas producen un murmurio que logo se apaga. Ten ondas 0,5 a 1,25 m.