macrófago
Aparencia
Galego
singular | plural |
macrófago | macrófagos |
- (Histoloxía) Célula do sistema inmunitario, grande e mononuclear, que fagocita células dexeneradas e axentes patóxenos. Os macrófagos están presentes en distintos órganos do corpo e reciben nomes específicos segundo a súa localización.
Termos relacionados
- monocitos: son os macrófagos do sangue
- microglía: do cerebro e medula espiñal.
- células de Kupffer: do fígado.
- células dendríticas: dos ganglios linfáticos.
- células de Langerhans: da pel.
- osteoclastos: do tecido óseo.
- histiocitos: do tecido conxuntivo.