insensíbel
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín insensibilis.
- Pronuncia: /insenˈsiβe̝l/ (AFI)
insensíbel (ms: insensíbel; mpl: insensíbeis; fs: insensíbel; fpl: insensíbeis)
- Privado ou carente de percepción polos sentidos por doenza ou accidente.
- Que as súas emocións ou sentimentos permanecen sen alterar ante cousas que penan ou conmoven.
- Que non dá resposta a determinados estímulos.
- Imperceptíbel, que non se nota ou pasa desapercibido.