Saltar ao contido

impacto

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /im.ˈpak.to̯/ (AFI)

Substantivo masculino

impacto
(sg: impacto; pl: impactos)

  1. Encontro violento dunha cousa con outra.
    • Exemplo: A causa do impacto, o vehículo quedou desfeito.

  2. Sinal que deixa ese encontro.
    • Exemplo: No muro víanse os impactos das balas.

  3. (Figurado) Impresión máis ou menos intensa.
    • Exemplo: Aquela escena causoulle un grande impacto aos nenos.