herba luísa

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Wikipedia-logo.png
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «herba luísa».

Open book 01.png Locución substantiva feminina

herba luísa (sg: herba luísa; pl: herbas luísas)

  1. (Botánica) Arbusto da familia das Verbenaceae orixinario de Sudamérica que acada entre 3 e 7 m de altura, con talos subleñosos ou leñosos na parte superior. Presenta follas verticiladas de até 7 cm, de forma lanceolada, apicada, ca marxe lisa ou dentada e o pecíolo moi curto. Son de cor verde claro polo feixe, co envés marcado por glándulas oleosas ben visibles. Posúe normalmente flores pequenas esbrancuxadas ou branco-violáceas, agrupadas en espigas. Cun aroma a limón, emprégase na gastronomía como especia e para infusións dixestivas, así como planta ornamental.

Traducións