abruño
Aparencia
(Redirixido dende gruño)
Galego
- Etimoloxía: do latín prunum, pruni (ameixa, cirola) con sonorización de oclusiva bilabial inicial e palatalización de nasal alveolar.
- Pronuncia: [aˈβɾu.ɲʊ] (AFI)
abruño (sg: abruño; pl: abruños)
- (Botánica) Froito do abruñeiro cultivado, unha especie de ameixa de cor azul escura e doce.
- (Botánica) Froito do abruñeiro bravo ou silvestre, unha especie de ameixa de cor azul escura e ácida.
- Sinónimos: andrino, escambroeiro, escambrón.
- Termos relacionados: abruñeiro.
- (Zooloxía) Centola de tamaño pequeno.
Traducións
Froito doce
Froito ácido