goma de tragacanto
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: composto de goma e tragacanto.
- Pronuncia: /ˈɡoma̝ðetɾaɣaˈkanto̝/ (AFI)
goma de tragacanto (sg: goma de tragacanto; pl: gomas de tragacanto)
- (Alimentación) Polisacárido natural resinoso branco obtido do talo de varias especies de Astragalus, que se emprega na industria alimentaria, farmacéutica e téxtil.
- Sinónimos: tragacanto.
- Observacións: Número CE: E-413, empregado como emulxente, espesante, xelificante ou estabilizante.