glóbulo
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín científico globǔlus, -i, diminutivo de globus, -i (globo, esfera).
- Pronuncia: /ˈɡlɔβulo/ (AFI)
glóbulo (sg: glóbulo; pl: glóbulos)
- Definición impropia: Diminutivo de globo.
- Corpo esférico de moi pequeno tamaño.
- Exemplo: Glóbulo polar.
- Exemplo: Glóbulo polar.
- (Histoloxía) Célula libre, de forma arredondada, propia dos líquidos do medio interno dos metazoos (sangue, linfa, plasma intersticial), que ten funcións relacionadas ben co transporte de substancias, ben coa defensa do organismo.
- Exemplo: Os glóbulos do sangue. Glóbulo branco.
- Sinónimos: célula sanguínea.
- Exemplo: Os glóbulos do sangue. Glóbulo branco.
- (Medicina e farmacia) Cada un dos preparados esféricos de pequeno volume que se administra en terapéutica homeopática.
Termos relacionados
Locucións:
- Glóbulo branco. (Histoloxía e Hematoloxía) Leucocito.
- Glóbulo graxo. (Bioloxía) Cada unha das pequenas gotas microscópicas (de 2 a 5 μ) que constitúen a emulsión da materia graxa no leite.
- Glóbulo polar. (Bioloxía) Corpúsculo polar. V. corpúsculo.
- Glóbulo vermello. (Histoloxía e hematoloxía) Eritrocito.