extirpar
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín exstirpāre.
Pronuncia: [eks.tiɾˈpaɾ] (AFI)
extirpar
- Arrincar ou sacar algo de raíz, especialmente cando está fortemente prendido ou se considera prexudicial.
- Exemplo: O produto conseguiu extirpar as malas herbas da leira.
- Exemplo: Cómpre extirpar a planta invasora antes de que se espalle.
- Exemplo: O produto conseguiu extirpar as malas herbas da leira.
- (Medicina) Extraer mediante intervención médica ou cirúrxica un órgano, tecido, tumor ou outra formación do corpo.
- Exemplo: Tivéronlle que extirpar o bazo.
- Exemplo: O cirurxián conseguiu extirpar o tumor sen danar os tecidos próximos.
- Exemplo: Tivéronlle que extirpar o bazo.
- (Figurado) Eliminar ou erradicar por completo algo considerado daniño, negativo ou difícil de suprimir.
- Exemplo: Cómpre extirpar a corrupción das institucións.
- Exemplo: Non é doado extirpar costumes tan arraigados.
- Exemplo: Cómpre extirpar a corrupción das institucións.
Termos relacionados
Traducións
1-2. Arrincar, sacar ou extraer cirurxicamente
3. Eliminar ou erradicar por completo
Conxugación
Verbo regular da 1ª conxugación
| Infinitivo | extirpar |
| Xerundio | extirpando |
| Participio | extirpado, extirpada, extirpados, extirpadas |
| 1 Vostede(s) |
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega para extirpar.
- «extirpar» no DIGALEGO, Ir Indo.