euxenita
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do grego antigo εὔξενος (eúxenos, "hospitalario") e o sufixo -ita.
euxenita (sg: euxenita; pl: euxenitas)
- (Mineraloxía) Mineral de cor castaña escura de brillo metálico, da familia dos óxidos, que contén osíxeno, itrio, niobio, calcio, tántalo, cerio e titanio, e en menor medida pode conter uranio e torio, de fórmula química (Y,Ca,Ce,U,Th)(Nb,Ta,Ti)2O6, que cristaliza no sistema ortorrómbico.