estampa
Aparencia
Galego
estampa (sg: estampa; pl: estampas)
- Debuxo, imaxe ou fotografía impresos -estampados- ilustrando un libro, revista, folleto, etc., ou nun papel solto.
- Exemplo: Regaleille ó neto un libro da Historia de España con moitas estampas, para que se lle fixese máis ameno.
- Exemplo: No bochinche do pai, a señora Dorinda teimaba en decorar as paredes con estampas de canto santo atopaba por aí, por se con esas compañas conseguía que os parroquianos se cortasen algo á hora de soltar palabrotas.
- Exemplo: Regaleille ó neto un libro da Historia de España con moitas estampas, para que se lle fixese máis ameno.
- Papel ou tarxeta cunha estampa.
- Exemplo: O cura repartía entre os fregueses estampiñas do santo patrón.
- Exemplo: O cura repartía entre os fregueses estampiñas do santo patrón.
- (Por extensión) Figura, planta, formas dunha persoa ou animal.
- Exemplo: O certo é que o teu noivo seducirá a quen se propoña porque con esa estampa non habera rapaza que se lle resista. E o malo é que el o sabe.
- Exemplo: Coa estampa que ten agora este teu cabalo estaba convencido de que tiñas o concurso no peto.
- Exemplo: O certo é que o teu noivo seducirá a quen se propoña porque con esa estampa non habera rapaza que se lle resista. E o malo é que el o sabe.
- (Mariña Táboa ou táboas que pechan a popa dunha barca pequena.
- Exemplo: Mandou escribir o nome do pai, afogado había anos, na estampa da chalana, para que ninguén se esquecese del.
- Exemplo: Mandou escribir o nome do pai, afogado había anos, na estampa da chalana, para que ninguén se esquecese del.