era
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do baixo latín aera (número, cifra).
era (sg: era; pl: eras)
- Cada un dos sistemas de cómputo cronolóxico en que se asigna a cada ano, século ou milenio un número de orde a partir dunha data determinada que se adopta como comezo, que coincide en xeral cun acontecemento político ou relixioso.
- (Xeoloxía) A maior das unidades convencionais do tempo xeolóxico. Os seus límites veñen marcados por grandes cambios paleontolóxicos, e divídense en períodos e estes, á súa vez, en épocas.
- Exemplo: Tradicionalmente distínguense cinco eras: precámbrica ou proterozoica, primaria ou paleozoica, secundaria ou mesozoica, terciaria ou cenozoica e cuaternaria ou antropozoica.
- Termos relacionados: eón.
- Exemplo: Tradicionalmente distínguense cinco eras: precámbrica ou proterozoica, primaria ou paleozoica, secundaria ou mesozoica, terciaria ou cenozoica e cuaternaria ou antropozoica.
Observacións
- Algúns autores reúnen na era cenozoica o terciario e o cuaternario. V. cenozoico.
- Por outra parte, hai que sinalar que nos países anglosaxóns non se usan os termos primaria e secundaria.
Termos relacionados
- era cenozoica. (Xeoloxía) V. observación 1.
- era primaria. (Xeoloxía) Intervalo de tempo correspondente ao paleozoico. V. paleozoico.
- era secundaria. (Xeoloxía) Intervalo de tempo correspondente ao mesozoico. V. mesozoico.
Castelán
era1
era (sg: era; pl: eras)
- Era.
era2
era (sg: era; pl: eras)
- Eira.