Saltar ao contido

entrenzado

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /eŋ.tɾeŋ.'θa.ðo̯/ ou/eŋ.tɾeŋ.'sa.ðo̯/ (AFI)

Participio

  1. Participio do verbo entrenzar.

Adxectivo

(ms: entrenzado; mpl: entrenzados; fs: entrenzada; fpl: entrenzadas)

  1. Que está disposto a xeito de trenza.
    • Exemplo: A restra de cebolas está feita con talos entrenzados.

Sinónimos

trenzado

Substantivo masculino

(sg: entrenzado; pl: entrenzados)

  1. Acción e efecto de entrenzar.
    • Exemplo: A noiva levaba no cabelo un entrenzado de flores.

Sinónimos

trenzado